miércoles, 26 de noviembre de 2008

GALICIA CANIBAL


Galicia Canibal.
A matanza do porco. matanza do porco.
A berra e un conxunto de berros dun porco cando o van matar.
San Martiño oficial de Monforte ó Nepal.
O magosto para agosto, safaris do porco, filloas de sangue,
Galicia embutida: ¡Fai un sol de carallo!, ¡Galicia caníbal!

Así decía a famosa canción de Os Resentidos, momeando unha das ceremonias mais tradicionais de toda Galicia, xa ven sexa en Monforte no Nepal ou en Pegullal, cando chega San Martiño nas eiras de toda Galicia escoitanse berros de porcos e cheiros de chamuscas que xa non pararán ata o comenzo da primavera. Chega o inverno e a salgadeira está vacia, é tempo de matanza, nuns meses comeremos os chourizos con cacheira, así escorrentaremos o frío e as mañans serán mais levadeiras.

A Galicia Canibal, a moza xa ten o pan na man para mollar no sangue que cae no caldeiro, Canibalismo e vampirismo, Galicia Canibal. ¿Será para facer sopas de sangue ou para darlle consistencia as filloas?

O matador, mestre de cerimónias da matanza do porco, cocho, gocho, marrau ou como lle queirades chamar, é quen decide donde matalo e como matalo. Sabedes como esta a lexislación actual, a EU non permite que o animal sufra no momento da matanza, co cal antes de acoitelalo temos que intertar matalo de un susto ou provocarlle un infarto o corazón, outro metodo é usar as pistolas aturdidoras que lle desfai o cerebro, OJO como utilizar estas pistolas que son moi falsas e tanto lle sale o pistón por adiante como por detras, pero... si estás seguro que non vas ter problemas coa autoridade competente o mellor é que utilices o cuchilo de matar o porco, que para iso se chama cuchilo de matar o porco, porque si fose só para desangralo, sería cuchilo de desangrar o porco, e se fose para matar carneiros, sería o cuchilo de matar carneiros, porque cada cuchilo ten unha función nesta vida, pero isto e outro tema que xa dedicaremos cando non teñamos nada que contar.



Sociedade especializada na matanza de porcos e porcas, o seu ambito de actuación expállase fora do concello de Salceda de Caselas, abarcando toda area metropolitano de Vigo.

Unha vez decidido que o vamos a matar ó cuchilo, e xa todos preparados, o matador, o dono do porco, e os agarradores, case sempre familiares, porque hai que explicar que o matador pode ser alguien alleo a familia, que ven a matar o porco, cobra e despois marcha, os agarradores suelen ser algun familiar que veñen a axudar a agarralo, estes quedan a comer e incluso a cenar, e despois marchan levando algun anaco do porco.

E comenza a acción:

- O dono entra na corte e agarra o porco con un lazo que lle mete na boca, entre os dentes, intenta sacar o porco da corte, o porco nun primeiro momento, confiado, dá uns paso cara a porta pero cando mira a xente que esta esperando fora, acojonase. O matador co cuchilo de matar o porco na man, ponse algo nervioso a ver o tamaño do porco, comenza a tensión, o dono do porco chama polos agarradores, o porco acojonase mais aínda, entón berra, e senta o cu no chan, e clava as patas dianteiras, co cal non avanza para fora da corte, co cal, entra en acción os agarradores, cada un por cada costado do porco e agarranlle as ourellas do cocho, pero esto non se move, escoitanse gritos: ¡AJARRA AQUI, HOSTIA!, ¡BOTALLE UNHA MAN O RABO! e entra outro agarrador e agarralle no rabo e intenta levantarlle as patas traseiras, e o porco segue sin moverse, a corte esta toda chea de lama e estrume, e o porco tamén, e as ourellas do porco escorreganlles das máns pola lama, as caras desencaixadas dos agarradores mostran o seu esforzo, as mulleres que estan fora co caldeiro para recoller o sangue non saben que facer, fan preguntas absurda: ¿Axudovos a agarrar?, e respondelle o porco cun berro que sigue sin sair da corte, a tensión vai en aumento. Enton o matador decide xa matalo na corte, e chama pola muller para recoller o sangue, o dono do porco tira con mais forza do lazo para que o porco faga mais forza no sentido contrario, ley de Porkov, canto mais me tiren do fuciño mais forza fago no cuciño. Entra o matador, algo brilla na oscuridade da corte, o cuchilo de matar o porco entre en escea, agachado e na man do matador o cuchilo aproximase por debaixo da gorxa do porco perforandolle o peito, buscandolle o corazon, a aorta, a arteria ou se cadra o pulmón, busca algún organo vital, e... atopao. O cocho berra, o patron berra, os agarradores berran, ¡AJARRAR FIRMES AJORA, QUE VAI MANDAR UN SACOVANO! e efectivamente, o porco salta no aire, intenta librarse dese aguillón que lle perfora o peito, salta das patas dianteiras, agora das traseiras e por ultimo turra coa cabeza, intenta librarse do lazo, sigue berrando, o agarrador do rabo recibe unha patada na canilla e solta o rabo, o porco queda medio ceibe, o matador realiza unha ultima envestida e quita o cuchilo, o sangue sale a borbotóns, a muller intenta recollela no caldeiro, case cae, non deixa de revolver a sangue, a forzas van cedendo, a do porco como a dos agarradores, e chega outro latigazo do porco, e cae o agarrador do lado dereito, incorporándose rapidamente, pero entón o matador como gran predicador e vidente, dice: XA PODÉDES SOLTAR, ESTE XA ESTA MORTO, e pouco a pouco o porco vai caendo no chan, encima do costado dereito, patalexa, ronca, xa non berra, o sangue espándese no estrume, o patron solta o lazo, a muller sae da corte con medio caldeiro de sangue, volve a tranquilidade, os agarradores mostran as suas feridas de guerra, mentras falsas sonrisas volven as suas caras, no seu interior un unísono "YES, WE CAN" sae das suas gorxas, o matador limpa a arma homicida, mentres no chan agonía o animal, intentandose aferrarse o ultimo suspiro de vida.


A seguinte tarefa, xa discorre todo con mais tranquilidade, primeiro, sacamos o porco xa morto da corte, enriba dunha escaleira ou andilla, bueno, este paso non había que facelo si matamos o porco fora da corte, e procederemos a queimalo e limpialo dos pelos, co cal se coloca no chan, fento ou fasco (chamuscas) e deitaremos o porco enriba delas, taparemos o buraco da cuchilada con un folleteiro e a boca cunha pedra, e cubriremolo tamen de chamuscas, isto e a forma tradicional de queimalo, pero moito mais práctico rápido e eficaz é queimalo cun soplete de gas, queda mellor queimado e non te atopas despois no prato cos desagradecidos pelos do touciño, que si co gas queda mais blanco ou mais blando, iso son chorradas. Outra chorrada moi común era utilizar as pezuñas que se lle sacan neste momento o porco, e darllas os nenos para que as poñan nos dedos decindo que eran boas para os abañóns, joder, si seran boas, claro... pois tal como estan as pezuñas ardendo, o que fai e que che queimen os dedos, por iso que che desaparecen os abañons, porque che queda o dedo queimado. Existen zonas de Galicia en donde o porco non o queiman, si non que o escaldan en auga quente. Botanlle a agua fervendo e isto faille levantar ampollas como si dunha queimadura se tratase, e logo, van ir tirando por esas peles levantadas, quitandolle tamen asi os pelos.

Unha vez queimado o porco, lévase para o carro ou banco e procédese a limpalo, aquí e cando entran en acción os nenos da casa, pois eles son os aguadores, os encargados de ir botándolle auga mentres os maiores van fregando no porco, con cepillos ou anacos tellas ou testos. E unha vez limpo procedese a abrir o porco, a ver o que nos atopamos dentro, o primeiro que se observa é si ten moita grasa, moito touciño. Hai xente que xa abre o porco no mesmo banco o carro e outros que o abren xa colgados na bodega. Dunha forma ou outra hai que ir con moito coidado pois e moi normal que o abrirlle a barriga se faga merda, que é cando se pica alguna tripa, retirada xa as tripas, a lengua, os boches e o figado, estas pasan para as mans das mulleres, que se encargan de lavar as tripas para despois facer os chourizas, ainda que agora se comprar e non teis que pasar o mal rato de limpialas, os nenos encarganse de abrir un buraco para enterrar os desperdícios, tamen se encargan de inchar a vexiga, que se colgará a secar para despois levar no entroido, ou para colgar como elemento decorativo, tamen se lle sacan os untos que se envolve en sal e se colocan na salgadeira, da aqui nace tamen a figura do Sacauntos, ser montruosos co cal se asustaban os nenos, e por ultimo marcaselle tamen a cacheira, os xamóns e lacóns para que enfríe mellor e se lle mira o tamaño dos lombos e lagartos, posiblemente o mellor do porco, posiblemente.

A Galicia Canibal, ou a Galicia Gore

O sacauntos

E unha vez xa limpo, deixase enfriar colgado para o dia seguinte despiezalo, e metelo na salgadeira e facer os rixóns. Decir que este día o patrón aproveita que hai xente na casa para ir facer outros tarefas, como por exemplo, ir podar, ou endereitar postes, moi típico. Na cea deste día de matanza xa se empeza a meterlle o dente o porco, as filloas de sangue, o figado, os riñons, son algo típico do día da mantaza. Galicia Canibal.




jueves, 20 de noviembre de 2008

OS DE SEMPRE EN SAN MARTIN DE MOREDA (ASTURIAS)

Os días 10, 11 e 12 de novembro, unha pequena representación do grupo OS DE SEMPRE, desplazáronse ata o pobo de San Martin de Moreda, no concello asturiano de Aller, para disfrutar das Fiestas de los Humanitarios San Martin de Moreda, declarada Festa de Interes Turistico Nacional, e asi aprender da cultura e da tradición de outros pobos para poder aplicala despois nas nosas actividades que fagamos en Salceda.

O día Forte destas festas é o 11 de novembro, día de San Martin, e comenza cunha misa cantada acompañada das gaitas asturianas e tambor, despois fronte a iglesia de San Martin, na praza maior, celebran unha puxa de productos típicos da rexión "Puya'l ramu", e continuación realizase un gran desfile polas ruas da vila, donde se pode apreciar as xentes de Aller vestidas cos traxes tipicos da rexión, grupos de gaiteiros, carrozas alegóricas as tarefas mais tradicionais asturianas, e sobretodo moita sidra. As ruas por donde se desenvolve o desfile estan preparadas con multiples postos de venda de sidra, e a xente mentras esperan ou disfrutan do desfile, van comprando e bebendo sidra, todo isto antes de comer. O menu deste día rico en calorias, consiste en Fabada, Panchon e Casadielles, e pódese degustar en calqueira restaurante, bar, tasca ou bodegon, pois todos ofrecen este menu. A fabada xa sabedes o que é, o Panchon é algo tipico do concello de Aller, son como unhas migas de pan esfaroladas o que se lle engade mantequilla e azucar ou mel, as Casadielles e unha especie de empanadilla rechea de noces ou avelás.

Despois pola tarde xuntanse na plaza do pobo e queiman estas calorias a base de bailes tradicionales o son das gaitas, e pola noite chocolateada, verbena e fogos de lucería, mención especial tén a Asociación de Humanitarios de Moreda, esta sociedade nace no ano 1905 con caracter benefico e de axuda social similar a unha ONG, intentando axudar os mais necesitados e mediando en conflictos que poidan xurdir con outros pobos. Desaparece nos tempos da Guerra Civil, retomando novamente en 1966 a sua actividade, agora encamiñadas a recuperar, manter e defender a cultura popular e tradicional asturiana sin olvidar a axuda social, tomando o dia do patrono San Martin como o día da hermandade celebrando unha xantar entre todos os socios.



Fotografia sacada diante da igrexa de San Martin ainda que pareza do seculo pasado, foi a semana pasada.


Gaitas tocando no interior da Igrexa o Asturias Patria Querida.

Grupo de mozas vestidas cos traxes tradicionais

O día é unha mostra, exaltación e difusión das distintas expresións culturais e sociais do pobo asturiano tanto musicalmente, como na indumentaria, baile e danza a si como lingüísticamente, o BABLE é falado tanto por os mais cativos como polas mais anciáns e por toda a clase social e está moi presente na festa, como se fose o idioma oficial, idioma que por certo reclaman que sea declarado oficial polo estado Español.

O dia non foi moi favorable, unha fria choiva casi neve acompañou as primeiras horas da xornada.



Aqui vos queda un video dun baile que asemella a unha jota, a ver se as nosas mestras de baile pillan os puntos, e sacamos nós un baile similar, parece sinxelo...






Escanciadores no desfile escanciando sidra e repartíndoa entre o publico.

Desfile de unha Xanda, o que nos lle chamanos comparsa

.

lunes, 17 de noviembre de 2008

ACTUACIÓN MAGOSTO DA FEIRA 2008

Pedir disculpas a todas as persoas que estiveron entrando estes días no blog esperando atoparse coas fotos e videos das ultimas acutacións dos DE SEMPRE, por acumulación de material fotografico e videografico destas actuacións tivemos que realizar unha campaña de selección de todo material, do cal espoñemos a continuación, quedando aberto esta entrada para posteriores videos e fotos que todos podedes enviar a este blog, e do cal iremos engadindo as vosas fotos e videos.

Comentar a todos que entran neste blog e que non poideron ver as nosas duas actuacións en directo, decirvos que as criticas son variadas, unhas favorables e outras un pouco mais negativas, acusandonos de ser algo longas e aburridas, sobretodo no referente a actuación no magosto da Feira, que si, posiblemente alongamos moito a nosa actuación pero foi por un fallo de organizaçiao. Melloramos considerablemente o noso repertorio en Cela, mellorando tamen a actuación que nos saliu redonda, estabamos mais soltos, con mais confianza, e iso que era a primeira actuación fora da Feira, fora da Parroquia e fora do concello de Salceda de Caselas.

Agora xa esperamos novas invitación para demostrar os nosos bailes e musica noutros lugares, do cales xa vos iremos informando.


Foto do grupo Os de Sempre falta Os Cañetes Family (Xabi, Breixo, Eva e Manolo) Abelito e Paquiño.



Jaseosa, moita Jaseosa se bebeu.

O Neno empezaballe a facer efecto a Jaseosa.

O dia comenzou con un xantar todos xuntos nas Veiguiñas donde todos apretadiños mandamoslle unha boa dosis de Carne o Caldeiro, previo plato de sopa.

De postre rosca e licor cafe, moito licor cafe.




Os gaiteiros non aguantaban a presión, e rapidamente se puxeron a tocar e ensaiar.













Grandes e pequenos disfrutaban bailando

Carla deulle tanto aire o baile que Xavi saiu voando.

E chegou a hora de vestirse.

E os gaiteiros seguian tocando

E a vella vestida de vella.


E os pícaros tamen vestidos de vellos



E mandandolle unha cunca de viño para porse a tono.



E mais velliñas.


E chegou a hora, entrando no turreiro da Feira.



O estandarte levado polos nenos.







O primeiro baile, unha muiñeira.


A saida do segundo baile, unha Jota, dichosa Jota.











O terceiro baile, outra muiñeira.






Preparando a Queimada





As pandereteiras de Cabreira, que tamen actuaron con nós, axudandonos a amenizar a noite do magosto o público asistente.







Estas fotos pertenecen a actuación que realizamos en Cela, despois, fomos todos xuntos a cenar a Cumaná, frente a QUEEN, a verdade e que dabamos o cante.



O Vello rendido nos brazos de morfeo, soñando co dia seguinte de caza que lle espera.

Manda as tuas fotos do baile, e colgaremolas con estas outras. Si teis videos da actuación no turreiro fainolas chegar porque nós, Os de Sempre non temos video das nosas actuacións, porque estabamos bailando, claro...

.
[Valid Atom 1.0]