martes, 14 de diciembre de 2010

CENA DE NADAL 2010



Volvemos este sábado pasado a celebrar a panda de OS DE SEMPRE, a cea de Nadal, despois de uns aniños en stand by. Retomamos esta cea co ánimo de volvernos a xuntar os máximos posibles, pois uns estaban no paritorio, outros recén paridos...outros a punto de parir, e que así somos os da Feira, moi productivos ....Retomamos esta cea en plan mais ligth, mais suave, so foi cena e baile, despois desplazamonos a Tui para continuar con festa, pero para nada tivo que ver coas outras cenas de nadal que celebrábamos, cena, baile, borracheira, sustancias psicotrópicas, sexo, dormida, devolución, desaiuno, xantar, exploracion turística, aquelo si que era unhas xornadas completas. Os anos pasan e pesan, aumenta a responsabilidade, o cansancio e a somnolencia, disminuie a vitalidade e frescura, a axilidade, resíntese o figado, os despertares do día seguinte non son os esperados, dores de cabeza, pitido de oidos, a música chunda-chunda , brouquele- brouquele xa non mola, ...estarémonos facendo vellos...
















































































































miércoles, 1 de diciembre de 2010

NOVACAIXAGALICIA

Pois xa temos nome e logo da nova caixa galega froito da fusion de Caixa Galicia e Caixanova, a verdade e que os publicistas lucíronse de collóns, o nome e todo unha sorpresa e moi orixinal NOVACAIXAGALICIA, manda carallo, si señor e o logo non se queda atras... sera porque estamos en crise e non se pode pode invertir moito dos nosos cartos en buscar, orixinalidade, personalidade e identidade en algo que nos vai a representar a Galicia.

Este e o novo logo e o nome da nosa caixa de aforros galega que xurde hoxe.




Eu creo que habia outros moitos nomes e logos moito mais representativos tales como o seguinte:

domingo, 14 de noviembre de 2010

II XANTAR ANUAL DO CARALLO



O proximo sabado día 27 de novembro, as 14:30 posiblemente no recinto do Pote da Feira, celebraremos a comida anual de inverno da Peña do Carallo, así que todos os membros de dita peña terán que estar o día nos pagos das cotas para poder asistir o xantar. Como sabedes está exposto na cantina da Feira o carton para realizar os pagos do ano 2010, asi como tamén o menu do xantar, que consistirá en cocido galego, con sopa, galiña vella, todo do porco, carne da falda e do xarrete, patacas, feixon, verzas, chourizos, .... e moito viño. O grupo encargado de organizar este xantar esta composto por Manolo e Ruben de Cholo, Jose e Cesar Fariña, Manolito de Rocha e Oscar. Para o ano quedan encargados de organizar as actividades e a cena do veran e o xantar de inverno: Toñi e Josiño de Milagros, Cesar de Albina, Enri, e Pablo de Gildo. Para o ano seguinte o grupo encargado é Martin, Javi Vello, Abel, Paco de Sara e Ruben de Fino.




viernes, 29 de octubre de 2010

HUMANIZACION DA ESFARRAPADA



Rematou por fin a humanizacion do centro da Esfarrapada, Salceda esta moito mais guapa, polo que se vé a ciruxia estéctica que se lle fixo moi mal non lle quedou, creo que a nadie ou a moi pouquiña xente lle disguste a humanizacion do centro da Vila de Salceda (que sí que a hai ... pero estos son os que se queixan sempre, moitas veces levados por intereses políticos ou individuais). Haberá agora que buscar unha solucion para a circulacion de vehiculos pesados cara a San Xurxo, Picoña, A Feira e Barreiro, que é o principal problema que trae consigo esta humaizacion.

Comerciantes, visitantes, turistas, nenos, mozos, vellos, os veciños de Salceda en xeral contan agora con mas de 5.ooo metros cuadrados para pasear, charlar, correr, sentarse nunha terraza, disfrutar dun refrixerio, facer compras, xogar os nenos sin preocuparse do transito de vehículos que con anterioridade colapsaba o centro de Salceda.

Gañouse en tranquilidade, eliminouse moito ruido acustico procedente de motos e coches, gañouse en seguridade, hoxe as aceiras de Salceda pódese percorrer con un carriño de bebe ou cunha silla de minusvalidos cousa que antes non se podía facer, pola mala ou nula planificacion urbanística donde o prioritario era a edificación masiva antes da calidade e seguridade de vida dos cidadans. Aproveitouse tamén para renovar a rede de alcantarillado e renovar e mellorar rede electrica e a rede de auga, descubriuse a antiga carretera de adoquíns que a modo simbólico ornamenta a unión das tres ruas humanizadas.

Agora Salceda, xa parece unha vila de calqueira pais centroeuropeo, si, tamén Porriño levou unha mellora coa humanizacion, e Pontevedra e Vigo e moitas outras vilas de Galicia que pouco a pouco se acollen a un modelo de urbanismo de calquera pobo centroeuropeo, os cales tanto nos abraian polos seus nucleos urbanos cuidados, humanizados, peatonalizados, zonas de paseo, as suas zonas verdes e moitas bicicletas, iso é o que falta agora en Salceda, bicicletas, habería que deixar os coches nos aparcamentos que hai nas entradas de Salceda e ter a posibilidade de alugar bicicletas para poder desplazarse polo centro da vila, utopía sí, a día de hoxe, pero realidade e solucion nun futuro.

E responsabilidade de todos os "Salcedenses" conservar todo o material urban, bancos, frores, macetas, farolas, paneis informativos, papeleiras, adoquins, e outros adornos que se colocou que me parece a min que pouco van durar, pola clase de vándalos que actuan en Salceda. Tocalle man dura a policia Local en canto o vandalismo así como a comodidade e pasotismo de moitos de aparcar en doble fila, nas aceiras, no pasos de peons, empedindo un tráfico mais fluido e axil.


























[Valid Atom 1.0]