lunes, 26 de abril de 2010

SENDERISMO PR-G 98 CANON DO SIL- SªCRISTINA

Novamente o dia do Sendeirismo que organizou a Asociacion Cultural A Feira, foi un éxito de asistencia de xente, que reuniou a mais de 60 persoas para realizar o percorrido do sendeiro PR-G 98, Canon do Sil- Santa Cristina, no concello ourensano de Parada de Sil, na comarca da Ribeira Sacra. Realizamos un sector do percorrido desta ruta, pois consta de dous bucles o cal o Asociacion elixiu o bucle de 11.000 mts, que pasaba polo mosterio de Santa Cristina, percorrido que se realiza por camiños empedrados entre viñas milenarias, soutos e carballeiras, percorrendo aldeas abandonadas e impresionantes vista sobre o canon de Sil.

Con un dia de sol radiante, coa escasa sombra polo letargo da primavera nesta rexion, a fome que empezaba a minguar as forzas e a dureza de alguns kilometros preto do mosteiro, por primeira vez deste que se realiza esta actividade, vímonos na obriga de recorrir a chamada do autobus para que nos viñese a recadar, eran as 3 da tarde, exhaustos e esfameados, os camiñantes decidiron ir comer e deixar os 1.900 metros que nos quedaban para rematar a ruta.


















































































Mosteiro de Santa Cristina









Tramo duro, duro, duro de ascenso














A Comeeeeeeeeeer











Salto de animal felino para atacar a su presa por sorpresa




.

jueves, 15 de abril de 2010

BODA DE MARTIN E ROCIO



Estes casanse, aqueles casanse, todos se casan, a Feira quedas sin solteiros que te poidan mocear.
Pois si outra parella dos de Sempre, Martin e Rocio que se nos casou no barrio e xa quedan menos solteiros, para poder casar e menos despedidas que celebrar.
Os noivos celebraron a sua boda no Auditorio de Salceda, casados novamente polo alcalde de Salceda, que como el mesmo dixo, xa se está acostumbrando a casar a veciños do barrio da Feira. Tiveron a actuacion das Donicelas , emocionante como sempre, e a saída do Auditorio de Salceda actuaron un grupo de baile, que me perdoen pero non me lembro o nome, pero estiveron moi ben. Os noivos tiveron un día radiante de sol e calor, celebraron o banquete no Restaurante A Regueira, donde a sua chegada actuaron tamen o grupo do Seran e donde pola tarde celebraron novamente o seu enlace matrimonial polo rito Hawaiano ou Ibicenco, actuando a ultima hora da noite o noso grupo Os de Sempre.


O noivo e a madriña



A noiva e o padriño









Entrada no Restaurante












Entrega dos noivos os padriños



Entrega da Liga, Copa e Champions





Momento Vals


Entrada dos compañeiros para celebrar novamnete a ceremonia do matrimonio pero desta vez dunha forma mais seria e formal.











E todos a bailar
[Valid Atom 1.0]