martes, 20 de julio de 2010

PECHADO POR VACACIONS

Perdoen as molestias, pero a xente deste blog atopase de vacacións e non hai quen escriba en condicións

miércoles, 14 de julio de 2010

O ESTOURAZO DO CRISTO


Este sabado celébrase a primeira edicion do ESTOURAZO co cal dara comenzo as Festas do Cristo de Salceda de Caselas. Onde, despois de dar o pregón e despois do ESTOURAZO, comenzaran a tocar as charangas e grupos de gaitas polas ruas de Salceda, Os de Sempre tamen participaremos nesta nova activade.
Xa sabedes o venres CUBALITRO e o sabado ESTOURAZO.

domingo, 4 de julio de 2010

CUBALITRO 2010





Trixesimodecimacuartaxésima edicion do Cubalitro, a festa de todas as festas das que se celebran en Salceda de Caselas e parte do extranxeiro.

Preparade o fígado, ide facendo estiramentos estomacais, poñede a punto os vosos riles, o sistema de absorcion, distribucion e filtrado de liquido dos vosos corpos, teñen que estar o 100%, hai que dalo todo, que non vos colla o cubalitro en baixa forma, que non vos colla ... porque despois pasa o que pasa, devolución por un lado, devolución polo outro, xente tirada polas cunetas, entre o millo, no medio das verzas, debaixo das viñas, que si me sentou mal...que si era garrafon, excusas...e mais excusas...Ide bebendo estas semanas para chegar o día a tope e poder disfrutar da festa o máximo...Que non estamos incitando a xente a que se dé a bebida, a que se alcoholice, pois tamén temos zumol e frisumo, e auguiña da fonte do viño.

O Proximo venres 16 de xullo, todos a festa do cubalitro no torreiro da Concepcion, a parte de moito líquido, esta ano volve a discoteca movil SPACE MUSIC, sin dúbida o mellor discoteca movil existente no mundo mundial, miles de millóns de kilowatios de sonido e iluminacion, e miles de millons de mega go-gos, e mais 200 kilovatios de xente guapa, tamen habera a 1ª FESTA FLUOR, que vai a ser todo unha sorpresa, as empresas dentríficas patrocinan esta festa , a si que xa podedes traer a boca limpa porque haberá revisión odontolóxica, pero tamén traer vestimenta de cooor BRANCO, promete ser unha noite moi fosforita e fluorescente.








jueves, 1 de julio de 2010

OS DE SEMPRE NO FESTISAHARA 2010



Ali estivemos nós, suplindo a Charanga Divertida que por problemas técnicos no último momento non poido actuar, poñendose en contacto os organizadores do FESTISAHARA co noso grupo OS DE SEMPRE , e.... como nón, non podiamos fallar a tan noble causa. A pesar do intenso calor que facía o mediodía, fomos quen de tocar dentro da Haima que a organizacion tiñan montada o caron do torreiro. Esperamos que o FESTISAHARA fose un exito a nivel diversión pero sobretodo a nivel económico, e se poidese recaudar uns cartiños para os refuxiados do pobo Saharaui que tanto sufre, por culpa dos imcompetentes politicos Españois, Marroquies, Mauritanos e incluimos no petate a ONU, ..... SAHARA LIBRE















[Valid Atom 1.0]