viernes, 25 de febrero de 2011

O TORREIRO DE AAVV DA FEIRA


Tras moitos anos de esforzo por parte de aqueles veciños da Feira que gracias a sua colaboracion economica fixeron posible a compra para a Asociacion de Veciños de terreo de Perexil, o terreo que mediaba entre o Centro Cutural A Feira e o Galpón, e tras outros tantos despois de mercalo para telo en estado de semiabandono, hoxe pódese decir que xa temos novo torreiro adecentado con mais de 1000m2 para poder desenvolver calqueira activade, ou realizar algunha obra, como pode ser un parque infantil, unha pista deportiva, un merendeiro, ou de torreiro para as festas de carnaval con preciosas vista cara o nosos contrincantes do Castro Barreiro, onde se podería colocar en cada esquina unhas garitas que sirva de vixiancia no tempo de carnaval, e si cuadra uns carros de artilleria por si fai falla defender as nosas posicions tan privilixiadas que temos.
Aínda de que a obra foi aprobada en Acta na Reunion Extraordinara celebrada para tal fín pola Asociación de Veciños Escola da Feira, houbo moitos tiras e afloxas no momento de realizar as obras, a pesar de que non gustase a todos por igual este desterre que se fixo, o que esta claro e que se gañou un enorme espacio para o disfrute dos veciños da Feira. Agora xa veremos o que se fai, esperemos que non apareza algún iluminado con pretensións de empedrar ou botarlle piche chapapotico, queremos algo verde, zona verde, moito verde, ainda que sea herba de prado, de xoio ou artificial e arbores, moitas arbores.

















lunes, 14 de febrero de 2011

IV FESTA GASTRONOMICA DO XABARIN



¡Xa ven o xabarin! ¡Xa! ¡Xa! ¡Xa!
¡Xa ven o xabarin! ¡Xa! ¡Xa! ¡Xa!
Ahi ven o porco bravo, xa ven o xabarin


Así decía unha das canción do Xabarín Club da TVG, e que a facemos nosa para promocionar un novo evento da comisión de Festas da Concepcion 2011, que organiza para o día 20 de Marzo a 4ª Edición da Festa Gastronómica do Xabarín donde cociñaremos preto de 1500 racións de porco bravo e tamén se organiza a I Kedada BTT Xabarin 2011.

Pouco a pouco iredes tendo noticias e información desta festa, pois temos preparado unha gran variedade de actos para promocionar esta festa, a vila de Salceda así como nos concellos limítrofes van ter noticias nosas moi pronto.

A CARAVANA DO XABARIN PONSE EN MARCHA,
COMENZA
A XIRA XABARIN ROAD

MOI PRONTO NA TUA VILA





¡Xa ven o xabarin! ¡Xa! ¡Xa! ¡Xa!
¡Xa ven o xabarin! ¡Xa! ¡Xa! ¡Xa!
Ahi ven o porco bravo, xa ven o xabarin


Xabarin deixou o monte veu pra a capital, a tropa da tralla esta bailando ska
veu pra a capital cos colegas enredantes, ¡Moito coidadiño cos coches anunciantes!


¡Xa ven o xabarin! ¡Xa! ¡Xa! ¡Xa!
¡Xa ven o xabarin! ¡Xa! ¡Xa! ¡Xa!

Ahi ven o porco bravo, xa ven o xabarin
[Valid Atom 1.0]