miércoles, 20 de febrero de 2013

CARNAVAL DE SALCEDA 2013



    Con ganas de novo de pasarme por aquí, para deixarvos fotos do carnaval atípico deste ano 2013. Despois de moito tempo sin contarvos algo neste blog, que non me faltaron parrafadas e temas que contar....(O desemprego, Novagaliciabanco,  A corrupcion politica, os nenos roubados, desahucios, o Rey, o Papa...) pero creo que todo xa esta moi sobado, todo moi criticado, todo moi masticado, todos temos unha opinion, todos temos as solucións pero nadie soluciona nada, conformismo, pouco compromiso e o final nas eleccións, cando se pode facer algo..... gañanas os de sempre, pais este de corruptos, putrefacto, roubannos os pobres para darlle os ricos. Pero, esto non ben a conto, o que quero e deixarvos son as fotografías do Martes 12 de febreiro, martes de entroido do 2013, celebrado o Sabado 16. Por vez primeira, esta histórica rivalidade carnavaleira entre os barrios do Castro Barreiro e A Feira que dende o 1886 como minimo, se ven celebrando ano tras ano, tívose que susperder polas condiccions climatoloxicas adversas.

A choiva estragou a saída das carrozas e comparsas prevista para o martes, que nunha situación nova e imprevista, as comisións dos dous barrios chegaron a un acordo para aplazar o desfile para o sabado. Esta nova situacion non ocurriría tempos atras, cando os músicos tocaban practicamente sin amplificacion, e as carrozas non levaban as mesas de sonido que hoxe en día levan, e foi por iso que se decidiu non sair, que nadie busque ou trate de infundir outras razóns porque estarán faltando a verdade.

   No tocante a tématica carnavaleira elexida polo barrio da Feira, como non... facendo uso da súa capacidade para buscar temas orixinais, coloridos, sen caer na mediocridade tématica, típica e tópica do Entroido, este ano centrou a sua carroza e comparsa na ceramica de Sargadelos, exemplo de orixinalidade e colorido, pola contra o Castro Barreiro centrouse na tematica Maya, aqui vos quedan as fotos...xuzguen vostedes.










[Valid Atom 1.0]